CURSO 2021-2022

Para celebrar o DÍA DO LIBRO que mellor maneira que presentando a curta "UN CONTO CHEO DE LOBOS", unha adaptación do conto do mesmo nome da editorial OQO, elaborada polos nenos/as e mestres de 5º e 6º de Ed. Infantil.

Este é o produto final do proxecto "Nós tamén creamos!" no que os mestres Cristina e Dani, xunto co seu alumnado, estivo traballando durante todo o segundo trimestre. 

Na mañá do venres, 22 de abril, os nenos e nenas de Infantil agasallaron ás súas familias cuns libros expurgados da nosa biblioteca para acollelos nas súas casas e darlles outra nova oportunidade.

INFANTIL AGASALLA LIBROS ÁS FAMILIAS.wmv