Hans Christian Andersen

BREVE BIOGRAFÍA

Escritor Danés, nacido en Odense, de familia humilde. Pouco agraciado fisicamente, tivo unha xuventude triste, marcada pola soidade, a melancolía, a idea do suicidio e un inxenuo misticismo. Négase a aprender o oficio de xastre e afástase de Odense para marchar a Copenhaguen. Algúns mecenas interésanse por el, pensa no teatro e desexa converterse nun grande actor. Fracasa nesta empresa pero obtén unha bolsa que lle permite realizar estudos superiores. Empeza a escribir poemas mediocres e algunhas obras dramáticas pouco convincentes. A súa vida pronto toma outra orientación que prevalecerá ata a morte. Ao mesmo tempo que por toda Europa, elabora unha variada obra literaria.

A Andersen coñécese sobre todo polos seus contos para nenos, escritos a partir de 1835, con considerable éxito, editando a partir de alí case un volume por ano.

O éxito seguiríao ata a súa morte, acontecida en plena gloria: falece de cancro de fígado, o 4 de agosto de 1875, aos 70 anos. A propia personalidade do autor explica o seu talento para escribir contos infantís, dado que a súa sensibilidade de neno o levaba a considerar a realidade cunha mirada sempre nova. Por outra parte, a súa orixe popular enlazábao á tradición dos folcloristas, é dicir, á transmisión oral de lendas.

Se ben na súa produción podemos distinguir contos fantásticos ( Elfos, por exemplo) e contos realistas ( A vendedera de mistos ou Elpatito feo), esta clasificación non é tan tallante xa que o conxunto da súa produción ( máis de 150 títulos)posee características idénticas: rexeitamento polos excesos e a retórica, busca do natural, recurso a un humor discreto, repugnancia polo ton moralizador, uso dunha linguaxe cotiá.

Entre os seus contos máis famosos encóntranse:

O patito feo

O soldadito de chumbo

O traxe novo do emperador

A raíña das neves

As zapatillas vermellas

O sastrecillo valente

A sirenita

Hans Christian Andersen

Dinamarca: 1805-1875

Cuentos infantiles

Textos electrónicos completos