CEIP Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro LUGO

Actuación conxunta dos coros
 CEP Lois Tobío de Viveiro
CEIP Pedrosa latas de Celeiro
na XIII edición das:
Panxoliñas e Outros Cantos de Nadal
decembro 2010


O coro do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro nace no ano 1998 como complemento ás clases de Educación Musical para poder participar nas festividade e actividades complementarias e extraescolares que organiza o propio Centro Educativo (Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Maios, Letras Galegas...)
Está formado por nenos e nenas de 3º a 6º de primaria que ademáis de cantar tocan frautas doces, xilófonos e pequena percusión. Tamén nos últimos anos contamos coa colaboración do exalumno Pedro A. Rodríguez Pérez que nos acompaña ao piano.

Nesta páxina especial recollemos moitas das actuacións levadas a cabo. Son gravacións feitas polo propio colexio e outras cedidas por pais e nais. Pedimos disculpas porque non presentan  unha boa  calidade de imaxe e son, pero están feitas con gran cariño e seguro que moitos dos alumnos e alumnas que formaron parte deste coro poderán recordar os bos momentos que pasamos xuntos.