As nosas MÚSICAs

CEIP DE CELEIRO- Viveiro (Lugo)

O coro do CEIP de Celeiro nace no ano 1998 como complemento ás clases de Educación Musical para poder participar nas festividade e actividades complementarias e extraescolares que organiza o propio Centro Educativo (Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Maios, Letras Galegas...)

Está formado por nenos e nenas de 3º a 6º de primaria que ademáis de cantar tocan frautas doces, xilófonos e pequena percusión.

Nesta páxina especial recollemos moitas das actuacións levadas a cabo. Son gravacións feitas polo propio colexio e outras cedidas por pais e nais. Pedimos disculpas porque algunhas delas non presentan unha boa calidade de imaxe e son, pero están feitas con gran cariño e seguro que moitos dos alumnos e alumnas que formaron parte deste coro poderán recordar os bos momentos que pasamos xuntos.