Pincha nos iconos situados a continuación, para acceder as redes sociais da Coral Airiños de Nos.( Instagram e facebook)
Publicamos a axuda concedida no ano 2025 polo Excmo. Concello de Oleiros a Asociación Coral Airiños de Nos. Esta é o noso xeito de colaborar coa Cultura Galega e de dinamizar un pouquiño os maiores da nosa parroquia. Gracias por colaborar con esta iniciativa.
eiqui están unhas pouquiñas fotos do certame do 04/10/2025. Consultade as redes socias da Asociación para mais. Canto desfrutamos, graciñas por compartir connosco estes momentos.
Concerto en A Pobra do Caramiñal en Agosto 2025
Deixamos por equí un video da nosa viaxe a Miajadas. Esperamos que o desfrutedes
O último fin de semán de abril actuaremos no centro Masa Solís de Miajadas en Cáceres.
Compartimos convosco os recitales que este Nadal 2024 realizaremos nos centros dos nosos maiores. Bo Nadal
En decembro imos a Portugal, no cartaz tendes a información
Seguimos de ruta
O sábado 21 de setembro do 2024, deleitaremos aos asistentes co cartel superior. Estades todos convidados a este Certame Internacional de corais.
Lembrade o sábado 21 de setembro do 2024, as 20:00 na igrexa parroquial de San Pero de Nos , no Concello de Oleiros na provincia de A Coruña
Esperamosvos alì.
Esperamos que vos animedes e veñades a pasar un agrable serán connosco.
Por Decreto da Alcaldía do Excmo Concello de Oleiros nº 2023006205 de data 15/12/2023, foron concedidas as subvención do ano 2023 a entidades culturais.
Dita concesión está publicada no Taboleiro de anuncios da Sede Electrónica Municipal. Podedes acceder mediante este enlace:
Taboleiro de anuncios Municipais
ENTIDADE CORAL AIRIÑOS DE NOS
CONCEPTO Organización de dous festivais, intercambios con corais de Portugal e outras corais
IMP 2.380,85 €
Agradecemos dende a Coral a axuda a actividades culturais que se xestionan dende o noso concello
Actividade Subvencionada pola Excma. Deputación de A Coruña
Xa veñen os Reis...., e nos cos nosos regaliños, esperamos desfrutedes .
O 23 de setembro de 2023, celebraremos o noso Certame de Canto Coral na iglesia parroquial de san Pedro de Nos. Estades todos convidados e contamos coa vosa asistencia.
Aproveiamos dende eiqui par agradecer a todos os que fan posible estas celebraciones. Un saudo, vemonos o 23 de setembro
A Coral Airiños de Nos ten o pracer de convidarvos ao XXII Certame de Canto Coral, que realizarase na Igrexa parroqioal de Nos o sábado 10/06/23.
Actividade subvencionada polo Deputación de A Coruña, e coa colaboración do Concello de Oleiros.
Por fin podemos presentarvos a nova incorporación a Coral Airiños de Nos. Agradecer dende eiquí a axuda e o aporte económico da Deputación de A Coruña a cal fai posible esta nova incorporación.
Dende a Asociación Coral Airiños de Nos, comunicamos a subvención recibida do Concello de Oleiros, ao cal agradecemoslle a axuda e apoio que sempre brinda ao desenvolvemento e difusión da cultura.
Bo Nadal, esperemos que todos desfrutedes deste Nadal. Cantando panxoliñas por suposto
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña
Esperamos que nos acompañedes e desfrutedes dos concertos. Felices festas a todos
A viaxe so sábado 22/10/2022 queda adiada por causas alleas a nos
XX Certame de Canto Coral, na igrexa parroquial de San Pedro de Nos, Oleiros A Coruña o vindeiro 25/06/2022 as 20:00. Estades todos convidados.
A Deputación de A Coruña concedeu unha subvención para o equipo informático e ampliación de Vestiario no ano 2021
Fotos do Certame "Airiños de Nos" de Canto Coral 2015
“O Concello de Oleiros concedeu a nosa Coral, na sesión da Xunta de Goberno Local celebrada o día 5 de novembro de 2014, a cantidade de 1.068,58 euros, en concepto de participación e organización de certames de canto coral.
O que facemos público a efectos de cumprimentar os compromisos de publicidade que figuran nas bases da convocatoria de subvencións.”
A Coral Airiños de Nos organiza dous Certames de Canto de Coral, un no mes de Xuño e outro no mes de setembro, así que xa os iremos informando segundo se acheguen as datas.
COMUNICADO PÚBLICO SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS
Por decreto da alcaldía nº 2021006062, de 20 de decembro de 2021, o Concello de Oleiros
concedeu á nosa Coral, unha subvención por importe de 1.150 euros, en concepto de
“Organización fes%val e intercambio con Portugal e outra coral, seguro RC e outros gastos
diversos (mascariñas, fotocopias, imprenta).
O que se fai público a efectos de cumprir o requisito de publicidade da subvención
Próxima Actuación da Coral de Airiños de Nos no Concello de Camariñas