VÍDEO ESPECIAL PARA VOZ NATURA
Todos os anos para conmemorar as Letras Galegas creamos unha canción en galego na que participa todo o alumnado do colexio. Este ano vai adicada ao Medioambiente con motivo da celebración dos 20 anos de Voz Natura.
A base do mesmo é unha canción que vai contando todo o que se fixo no noso colexio para mellorar o Medio Ambiente e as actividades nas que traballamos para educar ao noso alumnado.
Recompilamos fotos antigas para amosar como era o entorno ao rematar as obras do colexio no ano 1986 e fotos actuais. Tamén hai fotos do alumnado que foi pasando polo colexio e vídeos do alumnado actual: Infantil e Primaria.
A letra da canción foi escrita pola mestra Cristina Freán Lamela.
A música e a base instrumental creouna o exalumno Pedro Rodríguez Pérez xunto coa mestra de música, Marta Pérez.
A coreografía ensaiouna a mestra de Educación física Eva Martínez Baltar.
E todo o alumnado aprendeu a canción na aula de Música coa mestra Marta Pérez Lage.
O resultado é o seguinte vídeo: