CARLOS CASARES (2017)

CEIP de CELEIRO-Viveiro (Lugo)


http://www.manuelgago.org/casares3/css/logo.gif

RECOÑECEMENTO

O VOSO DÍA DAS LETRAS

FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Carlos Casares, o autor e a obra

Non se pode comprender a cultura galega de finais do século XX sen a presenza de Carlos Casares. O escritor foi unha figura clave no proceso de normalización da nosa lingua, de recuperación da dignidade da nosa cultura e da súa difusión internacional.

Carlos Casares naceu en Ourense (Galicia) en 1941. Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e iniciou a súa traxectoria literaria coa publicación do libro de relatos Vento Ferido en 1967. A súa primeira novela foi Cambio en tres (1969), un texto innovador que o introduciu no grupo de escritores que a crítica literaria denominou Nova Narrativa Galega. O seu recoñecemento como narrador consolidouse coas publicacións sucesivas, como Xoguetes para un tempo prohibido, Os escuros soños de Clío, Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e a derradeira O sol do verán.

Para o público infantil escribiu A galiña azul, o texto teatral As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas ou a serie do personaxe Toribio. Traduciu ao galego numerosos títulos como O principiño ou O vello e o Mar. Como ensaísta publicou estudos biográficos de Vicente Risco, Otero Pedrayo e Curros Enríquez.

Profesor e articulista, converteuse nunha referencia diaria para os lectores do xornal La Voz de Galicia a través da súa columna A marxe durante os últimos quince anos da súa vida.

Canda esta actividade literaria, Casares desenvolveu permanentemente un compromiso activo coa sociedade galega. Foi director da Editorial Galaxia e da revista Grial e presidente do Consello da Cultura Galega e mais do Pen Club de Galicia. Foi tamén membro do Parlamento de Galicia na súa primeira lexislatura e académico numerario da Real Academia Galega ata o seu pasamento en Vigo no 2002.

A Real Academia Galega

acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web

Primavera das Letras

http://primaveradasletras.gal/
http://www.aelg.org/HTML/images/comun/logo_aelg.png
http://www.seminariogalan.org/