BIBLIOTECA INCLUSIVA
CEIP DE CELEIRO
Viveiro(Lugo)
Biblioteca Inclusiva é o nome dun novo programa no contexto do Plan LÍA 2016-2020 de Bibliotecas Escolares, que desenvolve algunhas das liñas contempladas no desafío número tres deste Plan. Este programa pretende sensibilizar sobre a necesidade de avanzar cara unha biblioteca que responda ás necesidades de todo o alumnado do centro e que enfronte os retos, dunha forma decidida, que presenta a diversidade.
ACCESO AOS MATERIAIS DA XORNADA "BIBLIOTECA INCLUSIVA. LECTURA E DIVERSIDADE"
(importante selección de recursos)
As bibliotecas escolares galegas levan tempo reflexionando e traballando para ser espazos nos que o alumnado atope o seu lugar para traballar en proxectos comúns, espazos que integren a todos e todas sen deixar a ninguén atrás. Promovendo unha actitude inclusiva, igualitaria, normalizadora, respectuosa e visibilizadora da diversidade .
Estos son algúns dos materias do programa: