PROXECTOS con outras Bibliotecas Escolares

DE ONTE A HOXE...LEMBRANDO O PASADO

Un día moi importante para as Bibliotecas Escolares

Xa inauguramos a Exposición "De onte a hoxe...lembrando o pasado"

O PROXECTO

Dentro do proxecto da Biblioteca e en colaboración con outras

Bibliotecas dos centros PLAMBE da zona (Plan de Mellora de

Bibliotecas Escolares), pretendemos cara as conmemoracións

dos vindeiros meses (mes do libro, Letras Galegas) propoñer ás

familias a participación nunha actividade que leva por título:

“DE ONTE A HOXE: lembrando o pasado”

Ten como obxectivos a

  • recuperación da literatura infantil como fonte de pracer,

  • fomentar hábitos de lectura,

  • recuperación e lembranza dos libros que forman parte da memoria das familias

Por iso enviámosvos un folio para que, co membro da familia que

decidades, recorde co neno/a os contos que lía de pequeno, cal

era o seu favorito e logo faredes:

· Na esquerda cubrides os datos que se vos pide.

· Na dereita unha pequena obra plástica libre (exemplos:

fotocopia da portada do libro, debuxo dos personaxes, fabricar

o zapato da Cincenta e pégalo,…)

Á volta das vacacións e ata o 13 de abril enviádenos o folio co

traballo plástico para facer unha exposición no centro e logo

farase outra conxunta cos centros participantes nun local

público.

TÍTULOS DOS LIBROS TRABALLADOS

Foi un acto entrañable no que participaron as comunidades educativas dos centros e ademais contamos coa presencia de Marta Coria e Pilar Sampedro, asesoras das Bibliotecas Escolares a nivel da provincia de Lugo e da Consellería de Educación. Moitas grazas polo voso apoio, as vosas palabras son un pulo importante para o traballo que se está a realizar nas Bibliotecas dos Centros.

EXPOSICIÓN NO COLEXIO

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN

Na clausura da exposición "De onte a hoxe...lembrando o pasado" houbo sesión de contacontos coa participación das mestras de infantil e primaria: Cristina Freán, Rebeca Palmeiro

e Paula López; tamén participaron profesoras e alumnos de secundaria.

Foi unha velada moi especial e pasámolo moi ben!

EXPOSICIÓN EN VIVEIRO

SESIÓN DE CONTACONTOS