Primeiro trimestre
No primeiro trimestre levamos a cabo o lanzamento e posta en marcha do proxecto buscando implicar ao profesorado, ao alumnado e ás familias.
O primeiro paso foi a ambientación da biblioteca e do espazo central da entrada do centro co lema do proxecto e as sesións de formación de usuarios/as na primeira semana de outubro, nas que aproveitamos para introducir o tema da campaña anual.
Titorías. Comezamos a distribuír os proxectos de investigación entre as diferentes titorías ao tempo que comezamos a traballar na horta escolar.
1º curso: O calendario de cultivos
2º curso: As árbores froiteiras
3º curso A: As plantas aromáticas
3º curso B: Aparellos de traballo na horta
4º curso: Abono orgánico
5º curso: Froitos de outono
6º curso: Sementes
Familias. Calendario de refráns agrícolas. Coincidindo coa celebración da semana da Tradición Oral solicitamos ás familias que nos enviaran os refráns que coñeceran que tiveran que ver co traballo no campo. O obxectivo é realizar entre todos os cursos un calendario de refráns que falen do traballo agrícola. (Anexo convocatoria ás familias. Refraneiro).
A nosa leira. Comezmos a traballar no horto en novembro do 2013.