O PROXECTO


No curso 2013-2014 a Biblioteca Brea Segade propón ao conxunto da comunidade educativa desenvolver ao longo do ano un proxecto documental integrado que teña como tema central a agricultura sostible e familiar e que complemente o traballo que se leve a cabo no horto escolar.
O proxecto está constituído por diferentes propostas de actividade dirixidas ás titorías e distribuídas ao longo dos tres trimestres nas que a biblioteca funcionará como centro de recursos documental.