O RELEVO DE VIVEIRO alumnado de 3º e 4º curso

DOCUMENTACIÓN-INTRODUCIÓN

O alumnado de 3º e 4º curso en relación co proxecto "AO ABEIRO DOS NOSOS MONTES" fixeron un traballo sobre o relevo e as celebracións nos montes de Viveiro.

Comezaron localizando e poñendo nomes ás "quince colinas" que rodean o Concello de Viveiro. Foi un traballo documental moi importante. Con todo o material elaboraron un pequeno libro con moita información. Logo fixeron un gran mural situando todos os montes e que complementaron cunha explicación moi ampla como se pode ver no vídeo.