Data de postagem: 13/01/2015 13:21:12
A curta PERSOAS creada polo alumnado IES CACHEIRAS no seu proxecto educativo ATURUXO FILMS ( Premio de Alfabetización Audiovisual 2014 do Ministerio de Educación) participa no Premio do Público do Certame No Te Cortes de carácter Iberoamericano dotado cun premio de 1.000 € en material audiovisual para o centro educativo.
PERSOAS está creada polo alumnado de 4º ESO na materia optativa LINGUAXE AUDIOVISUAL dentro do proxecto educativo de alfabetización audiovisual ATURUXO FILMS do IES de Cacheiras. Os actores e actrices do grupo teatral CHÉVERE participan coas interpretacións dos personaxes xunto a un alumno do centro. Finalmente a música da curta está composta por unha alumna do CMUS de Santiago de Compostela e interpretada e gravada neste centro por alumnado do mesmo trazas a un acordo de colaboración entre ambos os dous centros.
Foi estreada no centro cultural de A Ramallosa e no CGAC de Santiago no mes de xuño de 2014 e recibiu múltiples premios e recoñecementos como o 1º premio OUFF Escola 2014, Premio Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación, Finalista Autonómico de Acción Magistral e finalista en numerosos festivais como CINEMA JOVE ENCUENTRO JÓVENES 2014 de Valencia, PLURAL + NUEVA YORK ONU, FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE PONFERRADA 2014 , KO&DIGITAL FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE SOLIDARIO BARCELONA 2014 e FESTICORTOS CÓRDOBA (ARGENTINA) 2014.
O plazo de votación finaliza o 15 de xaneiro e necesitamos a máxima difusión do enlace coas instruccións de voto ( que aparecen a continuación) para que o único centro galego participante poida acadar este importante premio.
Podes entrar neste ENLACE de TALENTS UNITED e pinchar en ME GUSTA para votar pola curta PERSOAS.