PRIMEIRO FIXEMOS:
Recompilación de Xogos Tradicionais dende a casa.
Nunha ficha rexistramos os datos preguntando aos papás, avós...sobre os xogos que practicaban de pequenos.
Faremos unha exposición e un libro coa información recompilada
E para rematar esta actividade poñeremos en práctica os xogos que máis nos gusten despois de aprender as regras dos mesmos.
XOGOS TRADICIONAIS
Estes son os xogos populares que seleccionamos:
billarda, canicas, laberinto, pano e béisbol.
BILLARDA
Xogo tradicional, moi popular na Mariña luguesa.
Consiste nun pau pequeno (billarda) acabado en punta polos dous lados, onde hai que petarlle con outro pau máis grande e lanzalo lonxe. Gaña quen consegue mandalo a maior distancia.