Pastoral

COLEXIO SALESIANOS A MERCÉ - CAMBADOS

OS BOS DÍAS DE HOXE

AVISOS

Benqueridos rapaces e familias:

Estamos no derradeiro día do curso e este é un Bos Días de despedida, veñen da man de Salesianos Valencia e aínda que son os de primaria quen se despide os valores que nel se destacan valen para calquera idade.

Durante todo este curso, cun remate tan raro, medramos, aprendimos e maduramos como persoas. Nese camiño coñecimos aliados coma o esforzo, o traballo, a ilusión de volver á normalidade e a valorar o que hai de importante nas nosas vidas.

Queremos desexaros un moi feliz verán de descanso no que aproveitar para facer todo aquilo que non puidemos durante estes meses: gozar de toda a familia, de todos os amigos e amigas, do sol, da praia, da natureza e por que non? buscade a diversión tamén nun bo libro .

Felicitamos, coma sempre, a calquera persoa querida vencellada a vós que poida estar de aniversario, é dicir, de cumpleanos ou ben de santo nestes meses.

Lembrade que tamén no verán temos que seguir coidándonos e respetando as normas pola nosa saúde e pola do resto das persoas, deste xeito "Todo vai saír ben".

Bo día para toda a familia e un felicísimo verán para tod@s!