Mulleres da Ponte
Proxecto realizado polas nenas e nenos de 5ºF de Educación Primaria
do CEIP Ponte dos Brozos, Arteixo, A Coruña
#MULLERES DA PONTE NAS RRSS
COÑÉCENOS!
BIÓLOGA
Equipo #MulleresdaPonte
Este proxecto xorde despois de coñecer a proposta do concurso internacional Wisibilízalas, cuxo obxectivo principal é destacar a loita da muller contra os estereotipos que asocian o traballo científico, únicamente co xénero masculino.
A través deste proxecto pretendemos conseguir varios obxectivos:
- Dar visibilidade a mulleres que estudaron carreiras de ciencias e desenvolven a súa actividade profesional nese ámbito.
- Potenciar referentes femininos no ámbito da ciencia e a tecnoloxía próximos, mulleres que estudaron no noso centro, que viven no noso concello ou que teñen alumnado matriculado no centro.
- Coñecer novas mulleres referentes nos ámbitos científicos e que traballan en profesións.
- Xerar reflexión na escola e na aula sobre a visibilidade das mulleres na ciencia e as posibilidades de futuro.
- Achegar información real sobre os diferentes desempeños nas carreiras de ciencias.
O equipo de MulleresdaPonte está formado por alumnado de 5º curso de Educación Primaria do CEIP Ponte dos Brozos, en Arteixo.
No noso sitio web atoparedes mulleres galegas e doutros puntos de España que traballan preto de nós, e que coa súa aportación espertaron a curiosidade polas carreiras científicas, enxeñerías e da rama sanitaria sen distinción de xénero.
Convidámosvos a que coñezades a estas mulleres referentes que se caracterizan por ser unhas bravas mulleres loitadoras que perseguiron os seus soños e nunca, nunca, deixaron de loitar por eles.