O C.E.I.P. Ponte dos Brozos está situado nunha poboación semiurbana, dinamizada polo Polígono Industrial de Sabón e moi preto da Coruña, pero non por iso deixa de ter afluencia de alumnado que procede do medio rural.

Polas súas características xeográficas e sociais, pode incluírse na categoría de centros de carácter pluricultural e macrocentro.

O centro desde hai anos aposta por unha incorporación global e integral das tecnoloxías da información e a comunicación no sector do ensino público, experiencia que comezou no ano 2001 e que se inscribe dentro do Proxecto Arteixo Innovación.