AS TELLEIRAS E TELLEIROS DO CONCELLO DE MEAÑO

O MEAÑO QUE QUEREMOS

O alumnado creou un video mostrando Meaño, pero baixo un novo enfoque. Falan do seu pasado(patrimonio, historia...), do seu presente e do seu futuro cunha serie de ideas para mellorar a vida no concello.

O Meaño que queremos.mp4

CHARLA DE TINO HERMIDA SOBRE O PATRIMONIO DE MEAÑO

O día 10 de decembro o profesor de Historia e xornalista Tino Hermido veu darnos unha charla ao IES sobre o patrimonio de Meaño. Estas conferencias entran dentro da fase de sensibilización do PDI deste ano "O Meaño que queremos".

Como non puido asistir todo o alumnado, fixemos dous grupos cunha selección de rapazas e rapaces de 2º e 4º da ESO para que sexan elas e eles quen transmitan ao resto do alumnado o que Tino Hermida lles comunicou sobre o noso patrimonio.

CÓMIC EN FRANCÉS

O alumnado de 1º da ESO está creativo, así que da man da súa profesora de Francés, Sandra Sánchez, puxéronse a elaborar cómic neste idioma. Crearon obras ben bonitas. Botádelles un ollo:

O PATRIMONIO DE MEAÑO

    O alumnado do IES de Meaño realizou unha foto ao lado dun elemento do patrimonio de Meaño e redacta unha pequena información sobre el.






Traballo_patrimonio-2º C.pdf
Traballo_patrimonio-2º B.pdf
Traballo_patrimonio-2º A.pdf

Trípticos sobre Meaño

 O alumnado do IES de Meaño realizar unha serie de trípticos ou folletos en Francés falando sobre a posible estancia que podrías ter en Meaño.


Paula, Daniela et Noa.pdf
Martin et Paul.pdf
Irene et Rodrigo.pdf