O cambio climático é o maior desafío do noso tempo e agora atopámonos nun momento decisivo para facer algo ao respecto. Aínda estamos a tempo de facer fronte ao cambio climático, pero esto requirirá un esforzo sin precedentes por parte de todos os sectores da sociedade.(NU-2019)
Comezamos na “Semana Mundial da Acción polo Clima” da man de TEACHERS FOR FUTURE SPAIN co seguinte programa de actividades:
Desde Teachers for Future Spain, convídannos a participar no programa “RECREOS RESIDUO CERO” que comezará este curso 2019/2020.
Dito programa consiste en motivar ao alumnado para que nos seus xantares ou merendas non haxa residuo, ou sexa o mínimo posible. Para elo deberán usar envases retornables como friameira para sólidos e cantimploras para a augua a fín de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso como plásticos, papel de aluminio, etc.
Tendo en conta que a primeira “R” da ecoloxía é a REDUCIÓN, os docentes temos un papel importante incentivando esa redución de residuo dunha forma sinxela.
Recoñecemento ao traballo.