En Koha, os rexistros bibliográficos conteñen información relacionada co material catalogado como: título, autor, ISBN, descrición física, etc.
Podemos engadir rexistros ao noso catálogo cubrindo a folla de catalogación ou capturando rexistros xa existentes nun servidor.
Unha vez o rexistro bibliográfico está creado e gardado, o sistema permitirá engadirlle exemplares.
A catalogación pódese facer de dúas maneiras:
Catalogación directa: catalogación partindo dun formulario en branco.
Catalogación derivada:
Catalogación derivada dun rexistro xa existente dentro da rede de bibliotecas.
Catalogación derivada dun rexistro existente fóra da rede, é dicir, nun servidor de terceiros dispoñibles a partir do protocolo Z39.50.