A partir das creacións de cada un dos equipos, o alumnado de Proxecto Competencial deste curso 24/25 de 4º da ESO participou na formación impartida por Damián Alonso dentro do programa Ponte nas Ondas. Nesta xornada de teatro radiofónico recibiron unha clase práctica de entonación e prosódica. Despois adaptaron os seus guións previos para facer teatro radiofónico coa colaboración e axuda dun profesional da voz. Aquí deixamos as súas creacións.