O alumnado de 1º ESO creou un libro de non ficción sobre a Prehistoria a partir da lectura de Hermano Lobo de Michael Paver. Traballaron a lectura en Lingua Castelá, Matemáticas e Xeografía e Historia. Traballaron individualmente a lectura, en gran grupo e en equipos cooperativos. Seleccionaron a información máis relevante en relación cos aspectos esenciais do libro: temporalización, localización, árbores, plantas, comidas, inventos, utensilios, roupa… Cada equipo transformou a información seleccionada en textos expositivos ou en adiviñas matemáticas. O resultado foi a creación dun libro de non ficción que axudará os lectores de Hermano Lobo a entender mellor a lectura.
O libro é o produto final dunha tarefa realizada nas tres materias e forma parte do proceso de formación de persoas usuarias da biblioteca. No primeiro trimestre aprenderon a utilizar a biblioteca e a seleccionar información tanto nos libros como na rede.