1º PASO: Presentación da Biblioteca Humana
2º PASO: preparación
Cartel dos invitados
Lucio Martínez: historiador e profesor especialista en franquismo.
Justo García Ramos: galego emigrante durante trinta anos en Uruguay.
Henrique Vieites: Membro do Centro Cultural e Veciñal de Valadares, testemuña da memoria histórica na nosa parroquia de Valadares.
Aida Costas: experta en libros e memoria, dona da librería Libraida en Gondomar.
Su Garrido Pombo: cantante, música e compositora galega.
Rosa María Sotelino: neta dunha represariada polo franquismo.
2. As acreditacións
3. Distribución e cartelería das mesas
4. O programa do acto
5. Diseño de publicacións para as redes.
6. Plantilla de recollida de información
3º PASO: O gran día da Biblioteca Humana no Sobreiral das palabras
O xoves 8 de maio de 2025 tivo lugar a I Edición da Biblioteca Humana no Sobreiral das palabras. O alumnado de 4º da ESO foi agrupado en dúas quendas:
A e B, as tres primeiras sesións de 8:45 a 11:15 horas.
C e D as últimas tres sesións de 11:45 a 14:15. horas.
Dentro de cada unha destas quendas foi dividido en seis grupos correspondentes aos seis libros humanos que estaban preparados para contar a súas historias. Despois do acto de presentación cada un destes grupos escoitaría as historias de tres libros de xeito rotativo cunha duración de 20 minutos en cada uno deles. Cada quenda rematou cun pequeno acto de clausura no que escoitamos ao son da guitarra a voz de Su Garrido Pombo. Tamén se fixo entrega duns pequenos agasallos para os libros humanos como lembranza desta xornada máxica de intercambio de experiencias e historias que uniron xeracións.
O alumnado ao terminar a xornada deixou os seus comentarios no muro da biblioteca.
Os libros humanos en acción
Videos que testemuñan o ambiente máxico
O acto de clausura
Biblioteca humana: deixa un comentario!