A utilización habitual da biblioteca para a lectura, información e a aprendizaxe (LIA), e como “centro creativo das aprendizaxes”, concirne a todo o profesorado. É o contexto privilexiado para o desenvolvemento de diferentes propostas de traballo relacionadas coa lectura e a información.
Por iso, todo o profesorado poderá reservar este espazo seguindo os seguintes pasos:
O profesorado deberá reservar no libro virtual do blog.
Nesta reserva poñerá o seu nome así como o grupo co que vai asistir.
Ademais escribirá de forma breve a proposta de traballo para esa sesión:
lectura,
recitado de poemas,
faladoiros,
sesións de formación das persoas usuarias,
traballo de investigación,
elaboración de produtos finais (podcast, vídeo, carteis…)
presentación de produtos finais,
exposicións orais…
En cada hora poden estar dous grupos, así que esta información axudaranos a saber que espazos e recursos da biblioteca vai empregar cada grupo.
Antes de subir á biblioteca deberá coller a chave na conserxería e devolvela ao saír.
Para un mellor funcionamento sería conveniente ter en conta algúns aspectos:
Debemos priorizar as propostas de traballo nas que se empregue o espazo e os seus recursos.
Podemos mover o mobiliario dependendo do tipo de actividade que se vai a levar a cabo. Deberemos lembrarnos de colocalo de novo ao rematar a sesión. Temos que ter en conta que para mover as gradas hai que levantar os freos previamente.
O material que se empregue deberá quedar colocado no seu lugar.
Os libros deberán colocarse nos estantes correspondentes. Se non os saben colocar ou non dá tempo de colocalos ben poderanse deixar no estante de rodas que está na zona de préstamo.
En relación coa reserva do espazo e do material:
Para acudir á biblioteca o profesorado fará a reserva no libro de reservas en rede. Engadimos dúas columnas novas: RA (para reservar a radio) e MA (para reservar o material audiovisual).
O profesorado solicitará a chave na conserxería.
En relación co préstamo de material:
Farase o préstamo de libros e xogos no recreo ou nas horas nas que haxa na biblioteca profesorado do equipo para que poida facer o rexistro no programa.
Se se precisa algún recurso específico para traballar na aula sería conveniente falar co equipo de biblioteca previamente e deberedes cubrir unha folla de rexistro de material.