Descrición:
Proxecto radiofónico e literario levado a cabo polo alumnado de 4º de ESO a partir da lectura e análise de Cousas de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Despois de estudar as características da prosa e da ilustración do autor, os estudantes crearon pezas orixinais que imitan a súa estrutura. Este podcast nace co obxectivo de dar difusión ás súas creacións, unindo a expresión escrita, a competencia dixital e a comunicación oral nun formato dinámico e accesible para toda la comunidade educativa.
Podédelo escoitar en:
Obxectivos:
Fomentar a competencia lectora e o interese pola literatura galega a través do estudo da obra Cousas de Castelao.
Desenvolver a expresión escrita, adaptando as características estilísticas do autor (brevidade, lirismo, retranca e crítica social) a relatos de creación propia.
Mellorar a expresión oral e a comunicación, traballando a proxección da voz, a entoación, o ritmo e a vocalización axeitada ante o micrófono.
Introducir ao alumnado no mundo do podcast coma un medio moderno de comunicación, divulgación e expresión.
Alumnado participante: 4º ESO .
Materia: Lingua Galega e Literatura .
Departamento: Lingua Galega e Literatura.
Duración: 3 sesións para a gravación do podcast (Xuño 2026).
Descrición:
O IES San Mamede colaborou coa biblioteca de maceda en duas xornadas:
Unha primeira nas que os rapaces de 1º da ESO explicaron que é unha eclipse empregando as maquetas dos Polos Eclipsados feitas por eles. Tamén nos amosaron como poder ver de xeito seguro a eclipse e resolveron dubidas moi interesantes sobre a mesma.
Unha segunda xornada, que consistiu nun obradoiro no que os rapaces de 1º da ESO guiaron aos asistentes no proceso de elaboración dunha caixa estenopeica empregada para ver de xeito seguro a eclipse do 12 de Agosto.
Elaborouse ademáis un marcapáxinas co plotter de corte para repartir entre os participantes das actividades.
Alumnado participante: 1º ESO.
Departamento: Tecnoloxía.
Duración: 2 horas o 2 e 9 de Xullo(2026) na biblioteca de Maceda.