En primeiro lugar, a dirección do IES San Mamede desenvolveu integramente un proxecto que presentamos á convocatoria do programa “Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional 2024”. Preme aquí para máis información.
Unha vez admitido o proxecto, comezamos a fase de obras (preme aquí para máis info). Para iso:
Ampliamos unha aula existente cara o corredor derribando a parede e instalando unha cristaleira.
Instalamos chan técnico
Instalamos falso teito acústico
Fixemos a instalación eléctrica e de rede
Pintamos
A última fase foi de adquisición do material tecnoloxíco presente na aula (preme aquí para máis información):
Gafas de realidade virtual Apple Vision Pro e Meta Quest 3
Proxector laser de corta distancia.
Pantalla interactiva multimedia de 86 polgadas.
Dron
Impresora de grabación láser
Impresora 3D
2 ordenadores servidores Apple Macbook Pro M4