IES San Mamede
Lab-Tech de Programación Multiplataforma
Lab-Tech de Programación Multiplataforma é unha aula dentro do IES San Mamede desenvolvida a través do programa “Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional 2024”, promovido pola Xunta de Galicia e financiado pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional 2024
A convocatoria “Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional 2024” busca transformar aulas tradicionais en espazos dixitais avanzados que simulen contornas laborais reais, utilizando tecnoloxías realidade virtual e intelixencia artificial.
O programa, enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da UE, financia a creación de 38 espazos con 55.000€ cada un e fomenta a colaboración público-privada para impulsar a innovación e a dixitalización na Formación Profesional.