Sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.
Permite certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.
Os certificados obtéñense mediante un exame convocado pola Secretaría Xeral da Lingua. Tamén é posible obter a validación Celga dos estudos previos de galego.
Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5.
Correspóndense, respectivamente, cos niveis A2, B1, B2, C1 e C2 do Marco europeo común de referencia para as linguas do Consello de Europa.
Os certificados obtéñense mediante un exame convocado pola Secretaría Xeral da Lingua. Tamén é posible obter a validación Celga dos estudos previos de galego.
Modelos de exame.
Convocatoria de formación.
Convocatoria de probas.
Para a preparación das probas, a Secretaría Xeral da Lingua ofrece cursos. Poden ser presenciais ou a través da Plataforma de Teleformación, na que se imparten cursos en liña titorizados, de autoaprendizaxe e de Celga 2 en Lectura fácil.