A Física e a Química son, basicamente, ciencias experimentais que, xunto con outras disciplinas, forman parte das Ciencias da Natureza, sendo o seu obxectivo fundamental comprender e explicar os fenómenos naturais. A ciencia é a maior fonte de coñecementos do mundo moderno; e, a Física e a Química, como ciencias, deben contribuír a espertar mentes curiosas no noso alumnado, facerse preguntas adecuadas, así como buscar as posibles respostas a eses interrogantes ou problemas por medio da investigación científica na nosa vida diaria
Pero, Ciencia para que? A resposta está diante dos nosos ollos. Pénsese nun mundo sen tecnoloxía. Sen computadores, sen coches. Sen vacinas nin curas para as enfermidades. A ciencia impregna as nosas vidas e informa as nosas accións. Todas as cousas sinxelas están relacionadas co mundo da ciencia. Todo está relacionado coa ciencia.
O avance científico e tecnolóxico de hoxe é unha longa viaxe cara a adiante desde a idade de pedra. Cada individuo ten os seus propios intereses, talentos e habilidades. Incluso un programa de estudos progresivo non satisface as necesidades da aprendizaxe das ciencias.
A través das actividades propostas preténdese facer que a aprendizaxe das ciencias sexa algo mais divertido e mais viva.