Os expertos da SEORL reclaman ás autoridades, desde hai tempo, medidas máis rotundas e eficaces para reducir a contaminación acústica. Á poboación xeral recoméndanlle unha serie de medidas de prevención á que chaman dieta contra o ruído, e que se pode resumir nunha serie de consellos:
Diminuír o ruído que xeramos, tanto para o coidado propio como para os demais.
Adquirir, no posible, electrodomésticos silenciosos.
Reducir ao máximo a velocidade ao conducir en contornas urbanas.
Reducir o volume e o tempo de escoita de música, sobre todo con auriculares.
Afastarse das fontes de ruído máis estridentes, como os altofalantes nos concertos ou nas discotecas.