Seríades capaces de identificar algúns dos vosos profesoras/es polas linguas que falan e coñecen?
Vas ver o abano lingüístico de cinco deles/as, a ver se sabes quen son?
Vai a sexta e a sétima: Se adiviñas na primeira pista (10 puntos). Se cres que o sabes, entra e vota!
Xa tes as biografías 1 , 2, 3, 4 e 5 enteiras! É moi fácil saber de quen se trata!! (5 puntos)
Primeiro pensa na túa biografía lingüística.
Cal é a túa lingua materna? Que outras linguas sabes? Cando e onde as aprendiches? Onde e con quen as usas? Que outras linguas escoitas ao teu redor? Que linguas che gustaría aprender?
Agora xa podes deseñar o teu abano lingüístico.
Escolle unha cor para cada unha das túas linguas e vainas colocando na figura segundo o momento e a maneira en que comezase o teu contacto con elas.
Guía para escribir unha Autobiografía lingüística:
1. Que lingua ou linguas aprendiches de teus pais e irmáns?
2. Recordas algunha palabra ‘máxica’ da túa infancia?
3. Mudou moito a túa forma de falar desde entón?
4. Gústache ler e escribir? Recordas algunhas das palabras que aprendiches lendo?
5. Que linguas aprendiches na rúa ou na escola?
6. Recordas o primeiro día de clase de idioma estranxeiro?
7. Recordas algunha situación ou momento no que aprendiches moito?
8. Tes algunha anécdota lingüística divertida de aprendizaxe?
9. Cal é a última lingua que empezaches a aprender?
10. Que linguas utilizas habitualmente? En que situacións? Con quén?
11. ...
- Usa cores diferentes para marcar idiomas distintos (pódense negociar as cores para cada lingua para unha mesma clase).
- Ten en conta as datas nas que se inicia a aprendizaxe: empezar co primeiro ano (ao pé), seguir verticalmente a progresión.
- Ten en conta que o arco do abano se ensancha no transcurso dos anos porque tamén se incrementan os contextos de uso de cada lingua.
- O momento no que aparecen novas linguas (á esquerda ou á dereita do abano) pode indicar “circunstancias” distintas de aprendizaxe. Por exemplo, pódese reservar unha banda do abano para os idiomas que se aprenden formalmente (Instituto, centro de idiomas); e outra, para aqueles idiomas que se aprenden en contextos informais (viaxes, contactos, etc.). Tamén se pode reservar unha banda para linguas ambientais e outra para linguas estranxeiras, ou pódese usar unha color de fondo como representación da lingua materna.