OS LUNS DE PRENSA ECONÓMICA

SETEMBRO, OUTUBRO E NOVEMBRO DE 2023

TITULARES:

O petróleo volve a dispararse un 4% pola escalada na guerra entre Israel e Hamás. 

 por Álvarez Carvalho Sara- 15 de Outubro de 2023.

Esta noticia céntrase na subida do petróleo, aumenta a demanda e os prezos soben con forza, arredor dun 4%.

Debido ´tensión xeopolítica en riente próximo (guerra de Gaza) e a incerteza  de que aumenten as posibilidades de que haxa problemas de subministro de cru a corto prazo e, por tanto, menos oferta. 

Asemade, si máis países acaban participando na guerra, a economía mundial podería verse golpeada.

Tanto o barril de Brent, de referencia en Europa, como o West Texas (WTI)americano suben en torno ao 4%, por encima de 89 e 86 dólares, respectivamente. 

 Nunha análise  publicada este venres, desde Bloomberg alertan que o enfrontamento entre Israel e Hamás "pode perturbala economía mundial e incluso levala á recesión si se ven implicados máis países".

O PIB de España frea menos do esperado: A economía creceu un 0,3% no 3º trimestre grazas ao consumo

por Castro Luis Nuria- 29 de Outubro de 2023.

A economía de España está sendo mellor do que imaxinabamos.

Durante o 3º trimestre, o PIB en España, resiste máis do que algúns vaticinaban, situándose nun

 0,3 % fronte ao 0,2 % que era o que algúns calculaban.


O bo dato do PIB está impulsado polo bo momento que vive o mercado laboral e polos bos datos do consumo, posiblemente estragados pola subida do salario mínimo interprofesional.


Tamén hai que ter en conta que aínda non producido o frenazo que moitos esperaban, hai indicadores que parecen sinalar que se pode producir a medio prazo, tales como o retroceso da inversión e a freada das importacións e exportacións, posiblemente afectadas pola incerteza política ao entrar o goberno en funcións este último trimestre. 


Que pasará co Euribor tras o novo aumento dos tipos do BCE; volverá afectar ás hipotecas?

por Pereira Vegas Alberto - 17 de Setembro de 2023.

Un incremento que volverá afectar ás persoas que teñan contratada unha hipoteca a tipo variable, cuxas cotas varían en función do euribor. O principal índice de referencia hipotecaria subirá como consecuencia da decisión do Banco Central Europeo de subir os tipos de interese ata o 4,50%.

"É moi probable que este índice inicie de novo a súa eminente subida, aínda que cremos que o fará de forma máis lenta e cautelosa", suxiren os expertos.

As maiores vítimas desta nova subida serán, unha vez máis, os que teñan hipotecas a tipo variable. "Seguirán vendo como se encarecen os seus créditos hipotecarios porque, se non baixan os tipos, tampouco o fará o Euribor", conclúe.

O 90% de expertos considera que o rebote da inflación polo petróleo só é puntual.

por Perez Santiso Unai - 17 de Setembro de 2023.

Esta noticia trata da subida da inflación; en concreto, debido ao aumento do prezo do petróleo. Na reunión do Banco Central Europeo desta semana volveron subir os tipos de interese un 4,5%, do mesmo modo apuntouse que o obxectivo da inflación nun 2% non se vai alcanzar ata 2025. É dicir, que o Banco Central Europeo fala dun período de pouco crecemento económico e dunha inflación elevada.

A repunta do prezo do petróleo das últimas semanas tensa os datos e previsións do índice de prezos ao consumo, tanto na eurozona como en Estados Unidos. No mes de agosto o indicador de inflación de consumo estadounidense subiu ata o 3,7% . Na eurozona, o dato situouse no 5,3%.

O 90% das xestoras consideran que o aumento da inflación é só puntual, aínda que poida prolongarse máis aló do cambio de ano.

Así afecta a última subida de tipos do BCE á sinatura de hipotecas.

por Pérez Fernández Yanira - 24 de Setembro de 2023.


Os tipos de interese levan subindo desde xullo de 2022. A deste xoves debería ser a última. O BCEuropeo subiunos ao 4,5% e pode notarse no mercado hipotecario.


A compra de vivenda baixou un 18,4% menos de operacións respecto 2022 e o número de hipotecas suma 10 meses de descensos.


O comportamento dos mercados inmobiliarios e hipotecarios están unidos á política o BCE para combater a inflación. Cando os tipos soben, a xente tende a esperar a que baixen para contratar hipotecas, influíndo á compravenda de vivendas financiadas mediante crédito.


As subidas de tipos afecta ao euríbor (tipo de interese do mercado interbancario do euro). O índice de referencia das hipotecas españolas superan o 4%, encarecendo o diñeiro. Espérase que este dato suba ao 4,50% incrementando a cuota das hipotecas variables.


A cota mensual das hipotecas subiu a 153,91€ (revisión anual) e a 37,23€ (semestral).

Túnez desafía a España cun plan a dez anos para ampliar e mellorar a súa producción de aceite de oliva.

por Rodríguez Cuevas Adrián - 25 de Setembro de 2023.

A produción española de aceite de oliva supón un 70% do total da Unión Europea e un 45% da produción mundial. 

Durante a tempada 2021/2022 producíronse en torno a millón e medio de toneladas, pero as adversidades climatolóxicas sufridas este ano reduciron nun 40% a produción. Segundo a Coordinadora de Agricultores e Gandeiros foi "a peor campaña dende 1995/1996". 

Dende o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, aseguran que España exportou 281.000 toneladas ata o pasado mes de maio o que supón un 39,5% menos que a pasada campaña.

A crise que está a sofrer España fai que outros países como Túnez aposten con máis forza pola produción e exportación de aceite.

O país norteafricano propúxose ampliar a súa produción de 228.000 a máis de 250.000 toneladas anuais cun plan de dez anos, coa finalidade de converterse nun escaparate no que os tradicionais compradores de aceite poidan fixarse.

BBVA SPARK financia con 15 millóns de débeda a expansión da plataforma española de loxística sostible Paak.

por Pombo Farrapeira Mara -  25 de Setembro de 2023

Esta plataforma impulsa os seus plans de expansión grazas á financiación de BBVA e coa que eleva a 3 millóns o capital posto en 2016.


A división foi creada polo banco para apoiar ó ecosistema emprendedor e reforza a súa posición no podio bancario da compañía.


A financiación  proporcionaralle medios para reforzar o seu posicionamento nas entregas do commerce, para acelerar a cobertura dos mercados e para conseguir os seus obxectivos.


O seu obxectivo principal é liderar as entregas do comercio electrónico sostible en Europa.

O incremento do prezo dos carburantes e da electricidade eleva a inflacción até 3,5%

por Rodríguez Rodríguez Lucía- 1 de Outubro de 2023

O aumento dos combustibles e da electricidade pódese percibir nos prezos, que rexistran un incremento anual de nove décimas. A nova suba do Índice de Prezos ao Consumidor (IPC) pon en dúbida a aplicación das políticas do Banco Central Europeo. Así, o 27 de septembro deste ano coñeceuse que o IPC aumentou dúas décimas neste mes en relación ao anterior e aumentou nove décimas a súa taxa interanual no conxunto do Estado español, ata o 3,5%. O seu valor máis alto dende o pasado mes de abril. Neste sentido, o IPC encadea tres meses consecutivos de subas tras encarecer catro e tres décimas en xullo e agosto.

A economía de Arxentina

por Rodríguez Ríos Gemma - 1 de Outubro de 2023

Pierre-Olivier Gourimchas, director de Investigación do FMI, recoñeceu  que "Arxentina  afronta unha situación moi  difícil". Estímase que a súa  economía podería caer ata un 2,5%, pero tamén unha  recuperación e  un posible crecemento de 2,8% para o 2024. Segundo o formulou o portal de Noticias Bancarias.

Durante unha rolda de prensa, onde se presentáron a revisións das previsións económicas mundiais por parte do Fondo Monetario  Internacional dixo o director do FMI que ''Arxentina está en crise'', debido á forte sequía  que o país arxentino sufriu.

En abril  deste ano, o fondo previñera  un crecemento na economía arxentina  dun 0,2%, lamentablemente no foi o que ocerreu.

Por parte da economista do FMI dixo que a inflacción podería colocarse no 120% se o goberno pon en marcha as medidas necesarias para lograr reducir a taxa a ese punto.

Os fogares destinan o 39% dos seus ingresos á compra dunha vivenda.

por Vázquez Martínez Sofía - 4 de Outubro de 2023.

Comprar unha vivenda require case o 39% dos ingresos brutos anuais dispoñibles dunha familia. O supervisor calcula a estatística tendo en conta, o importe das cotas que ten que pagar un fogar medio no primeiro ano tras a adquisición dunha vivenda e financiada cun préstamo estándar polo 80% do valor do piso en porcentaxe da renda anual dispoñible do fogar. Contextualízase pola subida de intereses que iniciou o Banco Central Europeo para conter a inflación, o que conleva un encarecemento das hipotecas existentes e uns préstamos máis caros nun momento no que, ademais, a tensión inmobiliaria está a disparar os previos da vivenda en España.


Andalucía producirá un 7% máis de aceite na segunda peor colleita do século.

por Seoane González Cristina - 6 de Outubro de 2023.

Na campaña 2023-2024 aumentará un 7,4% a produción con respecto á pasada. Aínda así, será a segunda peor colleita do século.

O aumento da produción non é o suficiente para poder ter unha baixada de prezos, xa que non vai haber moita oferta. Os prezos actualmente son elevados pola lei da oferta e da demanda do propio mercado e non pola especulación.

Xaén é a principal provincia produtora a nivel mundial. Con este aumento prevense unhas 215.000 toneladas de aceite, que supón un 19,5% máis que a pasada campaña. Aínda así, será un descenso importante con respecto a anos anteriores.

A conselleira sinalou que se estiman para esta campaña en Andalucía, 15,7 millóns de xornais no oliveiral, concentrando en Xaén o 38% do emprego no sector.

Bankinter lanza unha hipoteca dual que permite ao cliente elixir que porcentaxe é fixo e cal variable

por Vázquez del Campo Raúl - 9 de Outubro de 2023.

A entidade anunciou este xoves a posta en marcha dunha nova fórmula hipotecaria, a hipoteca dual. Esta permítelle ao cliente decidir no momento da sinatura a porcentaxe do préstamo que se constituirá como hipoteca variable e que parte se fixará, mantendo cada unhha delas as particularidades respectivas desa modalidade hipotecaria. Deste xeito, a porcentaxe de capital na modalidade fixa amortizarase a un tipo de xuro fixo durante toda a vida do préstamo, mentres que a parte variable farao como é habitual neste tipo de hipotecas: cun tipo de saída fixo para o préstamo. Nos primeiros 12 meses do préstamo deste e, posteriormente, un tipo revisable anualmente referenciado ao Euribor máis un diferencial establecido polo banco. O cliente poderá definir as porcentaxes de capital en cada tipo dende o inicio e tamén, equilibrando a dita proporción mediante amortizacións anticipadas.

A  pensión mínima  de xubilación superará  os 1.000 euros en 2024 coa subida prevista.

por Amoedo Giráldez Manuel- 15 de Outubro de 2023.

De acordo coas proxeccións do citado informe, a esta subida de 2024 sumarase uns 5,3% de cara a 2025, ata os 15.227 euros anuais, 1.087 euros mensuais en 14 pagas, e outro 4% en 2026, ata os 15.837 euros anuais. Noutras modalidades como a pensión de viuvez para maiores de 65 anos, o incremento no período é dos 17%, ata os 12.865 euros anuais e na de orfandade tamén dos 17% ata os 3.934 euros en contía anual por beneficiario.

A débeda pública estadounidense ofrece unha oportunidade única

por Porto Durán Dani- 19 de Outubro de 2023.

A débeda pública estadounidense ofrece unha oportunidade única. Existen varias formas de comprar a débeda pública estadounidense, que atrae nada menos que 144.000 millóns de dólares no que vai de ano, segundo BANK AMERICA. Considérase que a finais de ano podería chegar aos 207.000 millóns de dólares.

Morningstar inclúe 127 fondos e ETF na categoría de débeda pública estadounidense á venda en España. O saldo destes vehículos é negativo para o ano, cunhas perdas medias do 0,19%

Outro aspecto a ter en conta é que, a medida que se achega o inicio da baixada de tipos, o mercado agarda en xuño e xullo do ano seguinte en EE. UU. Entende como Income 4 recomenda aumentar as duracións da débeda pública.

Os servizos non turísticos, a clave para manter o nivel de exportacións españolas.

por Campos Vázquez Rocío- 22 de Outubro de 2023.

España é unha das economías máis abertas da UE e o número de empresas exportadoras creceu un 30% na última década. As exportacións de servizos non turísticos triplicaron o seu peso no PIB nos últimos trinta anos, manteñen un elevado potencial de crecemento e supón o 7,1% do PIB e o 16% do total de exportacións españolas de 2022. 

Contribuíu á recuperación da nosa economía tras a pandemia, xa que, superaba o 20% do seu nivel anterior á crise.

As tres actividades máis contribuintes no saldo de servizos non turísticos son: empresariais (34%), transportes e telecomunicacións (26%), informática e información (16%). As actividades cun crecemento máis elevado, como servizos persoais, culturais e recreativos, teñen un incremento acumulado dende 2014 do 121%. Os datos mostran un aumento dos ingresos das actividades baseadas no coñecemento mentras servizos como a construción perderon relevancia.

A contribución de Coca-Cola na economía española.

por Argibay Miranda Uxía- 22 de Outubro de 2023.

Máis de 6.250 millóns de euros, xera Coca-Cola na economía española, o 0,5% do PIB. Dos cales 474 millóns xeran valor engadido directo e os 5.783 restantes son xerados a través de clientes e provedores.

Coca-Cola é un impulsor do emprego e das economías locais. Con máis de 21.800 provedores españois, que representan o 96% do gasto total. En España xera un total de 99.518 empregos (3.818 directos e 95.500 indirectos), o que permite chegar a máis de 270.000 clientes e contribuíndo así, ao desenvolvemento do país.

A compañía está comprometida co medio ambiente. Comenzando pola descarbonización do negocio en España, cunha diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro do 20,4% respecto a 2019. As 6 plantas que hai en España contan con plans de redución de auga, ata os 1,76 litros de auga por cada litro de bebida producida e diminuíron preto dun 19% o cociente dende 2010.

O pacto PSOE-Sumar duplicará o número de beneficiarios do bono social eléctrico

por Argüelles Fernández Yago- 24 de Outubro de 2023.

A permanencia das taxas ás empresas enerxéticas, creada co motivo da crise inflacionista durante o 2022, non é o unico cambio que o pacto PSOE-Sumar prevé para o sector. O acordo inclúe duplicar os beneficiarios do bono social eléctrico de 1,5 a 3 millóns de persoas, así como a creación dun novo regulador enerxético que se chama Comisión Nacional de Enerxía, o que faría que se rompese o actual deseño da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.

Neste contexto, ambas formacións prometen revisar e despregar a estratexia contra a pobreza enerxética, mellorando os intrumentos de protección aos consumidores vulnerables.

O prezo da compra sobe cada día máis

por Rodríguez González Sergio- 25 de Outubro de 2023.

A escalada no prezo da cesta da compra non conseguiu torcer a vontade dos fogares  españois cando fan a compra. As familias seguen comprando as mesmas cantidades (aproximadamente) e os mesmos tipos de alimentos. Segundo os últimos datos publicados polo INE (Instituto Nacional de  Estadística) as vendas regresaron ao mesmo nivel que tiñan as familias antes da chegada da COVID no 2019. Isto dá lugar a que as familias teñan que gastar un 30% máis que no ano 2019; algo que é moi visible actualmente nalgúns produtos que crearon ultimamente moita controversia como o aceite de oliva. As diferentes razóns que poden facer que os prezos subiran a ese nivel poden ser as guerras actuais ou as malas colleitas como no caso do aceite de oliva. 

O PIB dos Estados Unidos aumentou a unha taxa anualizada do 4,9% no último trimestre, a máis rápida dende o cuarto trimestre de 2021.

por Carballido Carballido Beza- 28 de Outubro de 2023.

O PIB nos Estados Unidos aumentou a unha taxa anual do 4,9% no trimestre pasado, e isto foi, segundo  a Oficina de Análise Económico do Departamento de Comercio, a máis rápida dende o cuarto trimestre do ano 2021.


Isto foi debido ao impulso do gasto dos consumidores, que nos Estados Unidos representa case o total da súa actividade económica.


Este impulso deuse grazas ao aumento dos salarios máis elevados dun mercado laboral que se atopa nunha situación de tensión. Mais esta situación está beneficiando a economía da poboación estadounidense, xa que a inflación mantense por debaixo do crecemento dos salarios. 


A pesar destes feitos, probablemente o PIB non inflúa a curto prazo na política monetaria deste país. 

Como Alemaña se converteu na terceira economía mundial: pasa a Xapón

por González Barros Uxía- 5 de Novembro de 2023.

Aínda que o país está a vivir unha crise económica, acaba de situarse na terceira economía do mundo, quitándolle así o posto a Xapón.  

Isto débese á diferenza entre as políticas monetarias da zona euro e Xapón, a quen lle afecta directamente nas súas divisas e, polo tanto, tamén no tamaño das súas economías cando se establece en dólares.  

As últimas representacións do FMI estiman que o PIB nominal de Alemaña será de 4,43 billóns de dólares, fronte ós 4,23 billóns de Xapón. Isto dáse pola depreciación do yen en comparación co dólar ou o euro.  

O BCE tivo que incrementar os tipos de interese para contrarrestar o aumento da inflación, o que fixo que a moeda xaponesa se debilitara en comparación co resto 

O primeiro ministro xaponés presentou unha solución: establecer un paquete de estímulo económico para aliviar a crise do coste de vida de Xapón. 

Lagarde: "Estamos decididos a reducir a inflación ao 2% en 2025"

por Gil Pereiras Daniel- 5 de Novembro de 2023.

A presidenta do Banco Central Europeo, Christine Lagarde, dixo que a desaceleración da inflación é "sen dúbida o noso pronóstico" e que a institución está decidida a devolver os prezos ao seu obxectivo.

Ela afirma que o seu  mandato é garantir a estabilidade de prezos, e esta é a mellor contribución que podemos facer á paz social e á sociedade, en particular aos máis vulnerables dos seus membros.

 

Os funcionarios sinalaron que os custos de endebedamento seguirán elevados, para garantir que os aumentos dos prezos ao consumidor volvan ao 2%, aínda que o debilitamento da economía da eurozona está formulando dúbidas sobre cando serán necesarios os recortes.

Lagarde tamén sinalou que os indicadores clave de desempeño para a situación económica e financeira de Grecia mostraron "melloras en todos os ámbitos".

O prezo do aluguer aumentou no que vai de ano.

por Collazo Prego Alba- 6 de Novembro de 2023.

No último ano o aluguer de vivendas, especialmente de pisos, subiu un 9,4%, custando 11,8 euros o metro cadrado.

Esta suba do prezo débese á escaseza de oferta e ao aumento da demanda, o que fai que a inflación aumente.

Nas comunidades autónomas nas que máis afectou este aumento de prezos foron: Barcelona, ​​Madrid, Palma e Málaga, pero noutras comunidades pasou todo o contrario, o prezo do aluguer baixou, como en Murcia, Cantabria e  as Illas Baleares. .

O que se prevé para o ano que vén é que o prezo do aluguer vaia aumentando co paso dos meses, batendo récords históricos.

A produtividade do traballo aumenta un 0,3%, medio punto por debaixo da UE.

por González Monteagudo Desiré - 12 de Novembro de 2023.

A produtividade aparente do traballo en España rexistrou un crecemento do 0,3% entre 2014 e 2022, inferior ao 0,9% do conxunto da UE. A comparativa internacional reflicte que existe unha brecha importante no nivel de produtividade español, o da eurozona e as principais economías europeas. 

O director xeral da Economía do Banco de España explica que a economía española rexistrou en 2008 unha diferenza do 8% respecto á zona euro en renta per cápita, pero esa brecha foi crecendo e segundo os últimos datos dispoñibles. Actualmente sitúase un 15% por debaixo respecto á media da zona euro.

Por isto, desde entidades públicas e privadas insisten na oportunidade que supón para España e para a mellora da súa productividade o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado polos fondos europeos 'Next Generation EU'.

As sociedades cotizadas españolas reparten 23.300 millóns en dividendos ata outubro, un 15,7% máis que no mesmo período do ano pasado

por González Fernández Marcos- 13 de Novembro de 2023.

As empresas cotizadas españolas distribuíron 23.341 millóns de euros en dividendose entre xaneiro e outubro, supón un aumento do 15,7% máis có ano pasado, segundo os datos de BME.

As cotizacións están próximas de superar o volume distribuído en todo o 2022, e máis se tenemos enconta que dúas grandes empresas en España como son Santander e Telefónica repartiron entre as dúas máis de 2.100 millons de euros.

Sese ten en conta só o mes de outubro, as empresas cotizadas repartiron un total de 1.024,7 millóns de euros, un 15,1% máis có mesmo mes en 2022, por exemplo BBVA repartiu 950 millóns de euros en outubro a favor dos seus accionistas. Tamén hai que destacar que en Abril as empresas distribuíron máis que no mes de outubro, con 5.724 millóns de euros.

A banca recorta en 13.200 millóns a súa débeda pública española en cinco meses

por Gregores Vidal Diego- 14 de Novembro de 2023.

A banca desfai posicións na débeda co Estado de forma acusada. O seu investimento situouse en agosto en 164.355 millóns de euros e supón un recorte de 13.228 millóns de euros ou un 7,44% en apenas cinco meses desde o pico de 177.583 millóns que alcanzou o pasado marzo. Ata esa cima o porfolio crecía case mes a mes. 

A estratexia era recompoñer as carteiras para aproveitar o rally experimentado coas rendibilidades dos títulos do Tesouro pola subida de tipos de interese na eurozona (en 2021 o porfolio limitábase a 140.107 millóns). O retroceso, un dos máis acusados dos últimos anos, atópase directamente afectado pola devolución ao Banco Central Europeo (BCE) da liquidez extraordinaria que o organismo despregou durante a crise e coa pandemia para axudar ás economías.

Soltec alcanza un innovador acordo de financiamento con Tríodos Bank para a súa planta de Totana

por Guille Nogueira Paulo- 18 de Novembro de 2023.

Soltec pechou un acordo de financiamento con Tríodos Bank para crear unha instalación fotovoltaica en Murcia. Este acordo vincula a débeda senior a través da modalidade project finance na que grupos de cidadáns poden colaborar mediante unha campaña de Crowdfunding.

Esta planta será considerada como unha planta fotovoltaica sostible xa que está confeccionada baixo o concepto eco voltaica, comprométese á preservación do medio ambiente local. Usarán módulos bifaciais para maximizar a eficiencia, e a enerxía venderase directamente ao mercado eléctrico.

Miguel Ángel Amores, xerente de Enerxías Renovables e Tecnoloxías Ambientais en Tríodos Bank España, di que este é un paso importante a ofrecer solucións financieiras innovadoras, flexibles e inclusivas co cidadán; tamén reforza a misión de transición a un  modelo de enerxía limpa e accesible. O CEO de Soltec di que esta colaboración é clave para o seu modelo de negocio que busca unha produción eficiente e corroborativa cos veciños mediante crowdfunding.

Xaque á gandería coas novas esixencias en benestar animal

por Lado González Simón- 19 de Novembro de 2023.

Avicultores, cunicultores e porcino ven con preocupación os cambios provocados pola nova reforma no benestar animal que provocara inversións millonarias co obxectivo de non reducir a produción. Os gandeiros avisan que provocara unha subida nos prezos da carne.

A preocupación e a incertidume predomina no sector gandeiro pola revisión que propuxo a UE e que introducirá cambios na forma de producir. Estes notaranse especialmente na avicultura, cunicultura e porcicultura. Este novo marco da lei, aínda non aprobado pola UE, introducirá cambios como o fin da produción en xaulas.

A nova “Normativa Europea Reguladora del Modelo de Producción de Carne”  obrigaría a reducir o censo de animais. Este feito poría en xaque a viabilidade das explotacións, ou ben obrigaría a facer unha gran inversión, cifra que se eleva ata os 1.500 millóns de euros só no sector dos ovos. Aínda así, non se recuperaría o nivel de produción anterior.

A banca española ofrece depósitos en Europa entre 3 e 5%, a pesar de que en España a remuneración é menor

por López Jorge Cristian- 19 de Novembro de 2023.

Os bancos españois ofrecen en países estranxeiros remuneracións en contas correntes de 3 e 5%, a pesar de que en España esta é moi baixa ou inexistente. Contrastando con países como Italia, nos que o banco BBVA ofrece unha remuneración de 4% ao saldo en contas correntes, e así mesmo ofrece un depósito que renda un 4,25%.

En España non remuneran o saldo en contas correntes, e o único depósito que ofrece é un fondo que dá entre 0,15 e 0,75% TAE. 

Porén , hai excepcións. En Portugal, o banco Santander, a través de BPI, ofrece a mesma conta nómina que en España remunerando un 5% o primeiro ano e un 2% o segundo ano.

Black Friday: os pagos con tarxeta poden esconder comisións de máis do 30%

por Lorenzo Salgado Idoya- 25 de Novembro de 2023.

Nos días do Black Friday, evento comercial que gañou popularidade, o uso de tarxetas de crédito durante estas ofertas pode ocultar comisións superiores ao 30%, segundo un estudo de ADICAE. Obsérvase un aumento significativo nos créditos ao consumo cunha TAE media do 9,15%, chegando mesmo ao 40%.

Durante esta tempada, detectáronse comisións excesivas, superando o 30%, en operacións a tres ou seis meses realizadas durante o Black Friday. As tarxetas revolving tamén presentan riscos, especialmente en comercios, onde as condicións de financiamento poden variar, xerando endebedamento. 

ADICAE advirte que algunhas rebaixas poden ser estratexias enganosas con prezos inflados, o que subliña a importancia de verificar a autenticidade dos descontos.

Os problemas estudantís para alugar as súas habitacións. 

por Onega Ucha Eric- 29 de Novembro de 2023.

A noticia trata das dificultades que teñen os estudantes no estranxeiro para alugar as súas habitacións.

O problema é que a demanda de dormitorios aumentou un 48% e iso provocou que os prezos subisen un 79%.

Os pisos compartidos, que tamén son tendencia, aumentaron a demanda un 34,3%.

Todos estes incrementos producíronse de setembro a agosto.

Barcelona, ​​Madrid e Baleares son as provincias con prezos máis altos, lideradas por Barcelona, ​​cun custo medio de 352 euros, e seguidas de Madrid con 315 euros.

Finalmente falaremos de como atopar o apartamento ideal dixitalmente.

O primeiro é comprobar que as imaxes da sala non coinciden con outra, porque podería tratarse de intelixencia artificial.

A segunda cousa é examinar a redacción, porque pode ser creada por un bot.

E, finalmente, ten coidado cos vendedores que non proporcionan os seus datos persoais.

Baixada do euríbor en 2024

por Montero Faro Tiago- 29 de Novembro de 2023.

COMO SE COMPORTARÁ O EURÍBOR EN 2024?

Tras case dous anos de subidas ininterrompidas, o euríbor tocou por fin teito no actual ciclo restritivo dos tipos de interese. Coa referencia en máximos de 2008, o mercado xa proxecta o seu descenso e os expertos confirman que 2024 será o ano do cambio para o índice hipotecario. En todo caso, a moderación das hipotecas será progresiva e as familias non verán as primeiras revisións á baixa ata primavera.

 A cuestión clave é como evolucionará o euríbor en 2024 e ata onde pode chegar a súa caída. Tras un período de incerteza dos bancos , agora todo encaixa cun escenario de euríbor á baixa. Todo apunta a que o euríbor se sitúe en torno ao 3% para finais do ano que vén. Os expertos apostan por unha redución dun punto porcentual na taxa hipotecaria desde o seu nivel actual salvo que se produza un imprevisto coa inflación.

Renfe investirá 2,46 millóns de euros en crear contidos dixitais formativos

por Eireos Torres Yoel- 12 de Decembro de 2023.

 Renfe investirá 2'46 millóns de euros na creación de contidos de formación ferroviaria dixitais. Na actualidade o 75% dos empregados de renfe (case 12000 persoas) participaron no 2022 en accións de aprendizaxe. Esta inversión darase ao longo de 3 anos e permitirá homoxeneizar os recursos e axilizar o tempo de formación online.

Na actualidade o 85% da formación de renfe corresponde a materias ferroviarias que non teñen rexistro online. Por isto a compañía creará unha produción masiva de contidos sobre seguridade, operacións e condución e que cubrirá esta necesidade.

Madrid e Baleares, as únicas CCAA que acumulan superávit na SS na última década 

por Soto Márquez Rebeca- 17 de Decembro de 2023.

Madrid e Baleares son as únicas comunidades autónomas que sumaron superávit nas pensións contributivas durante a última década, acumulando ata 19.000 millóns e 4.000 millóns de euros, respectivamente en pleno debate sobre ou modelo de caixa única dá SS polo acordo entre PSOE e PNV. Estes datos están recompilados por Europa Press.


Máis concretamente, na comunidade de Madrid conta cun acumulado de 18.962 millóns de euros, sendo a rexión na que vos ingresos superan en maior medida aos gastos dá SS de toda España dende ou ano 2013. Síguelle Baleares, que acoplou un superávit de 4.187 millóns de euros durante a pasada década.

CONCEPTOS CLAVE DESTE TRIMESTRE:

PIB

A suma de todos os bens e servizos finais producidos por un país ou unha economía, producidos no territorio nacional por empresas tanto nacionais como estranxeiras, e que se rexistran nun período determinado (xeralmente un ano).

INFLACIÓN

Crecemento xeral do nivel dos prezos ao consumo nunha economía.

A inflación pódese medir de varios xeitos:

CRISE ECONÓMICA

Prodúcese cando o rendemento dunha determinada economía (produción, comercio, emprego, inversión...) cae de forma sostida no tempo (ao segundo trimestre consecutivo de rexistrode caíoda) ou tamén de forma espontánea.

EURIBOR

Euríbor (acrónimo de European Interbank Offered Rate, en galego tipo europeo de oferta interbancaria) é un índice de referencia publicado diariamente que indica o tipo de xuro medio ó que as entidades financeiras se ofrecen a prestar diñeiro no mercado interbancario do euro (é dicir, entre os bancos).

COMPROBA SE O ENTENDECHES DE VERDADE:

SECCIÓN DE OCIO

Practica conceptos económicos coas seguintes actividades:

CRUCI-GRAMA

Sopa de letras

Chiste

Entrada editada por alumnos de 1º de bacharelato do IES do Barral.

Grupo de prensa do 1º trimestre formado por: