LUGAR DE NACEMENTO (Inglaterra, Londres (25/01/1882)
Foi unha escritora, ensayista e editora británica, considerada unha das figuras máis destacadas do modernismo literario no século XX. Foi cofundadora da Hogarth Press e membro central do Círculo de Bloomsbury. Proviña dunha familia culta e liberal. Non asistiu a ningunha universidade, pero recibiu educación en casa, accedendo a unha ampla biblioteca na súa casa. Sempre estivo rodeada de intelectuais e escritores (seu pai, Leslie Stephen, era un coñecido historiador e crítico literario).
Na súa obra Una habitación propia, defendeu a necesidade de independencia económica e un espacio persoal para que as mulleres puideran crear arte e literatura. Tamén criticou o sistema patriarcal e a exclusión femenina no mundo intelectual e académico.
A súa vida estivo marcada por trastornos mentais (como a depresión severa e episodios de psicosis) e suicidouse en 1941 tirándose ao río Ouse.
Durante 1882 e 1941 foi unha época marcada por grandes cambios sociais (como a Primeira Guerra Mundial, o modernismo e o inicio da Segunda Guerra Mundial). Durante a súa infancia e xuventude, Inglaterra era conservadora, pero a IGM trouxo o sofremento e cuestionou os valores tradicionais. No período de entreguerras desenvolveuse o modernismo, que trouxo consigo movementos pacifistas e feministas.
En canto á situación da muller, a finais do século XIX, as mulleres de clase media e alta non tiñan acceso á educación (aínda que algunhas universidades acetaban alumnas, non lles otorgaban títulos). Lograron o dereito ao voto parcial en 1918 (a maiores de 30 e con condicións) e logo o sufraxio universal en 1928.
Durante a súa xuventude, os movementos sufraxistas tomaron forza, esixindo igualdade política, educativa e laboral.
Andrea Sáez Seivane