Naceu o 18 de Outubro de 1911 en Túnez.
Víctor Pérez, tamén coñecido como Young Pérez, foi un boxeador tunecino campión do mundo dos pesos pluma en 1931 e 1932. O seu primeiro título foi o dos pesos mosca de Francia, conseguido en Paris en xuño de 1931. En outubro dese mesmo ano gañou o campionato mundial de pesos mosca con un KO no segundo asalto ao campeón americano Frankie Genaro.
Faleceu o 22 de Xaneiro de 1945 en Auschwitz (Polonia)
Chegou ao campo de exterminio alemán en Auschwitz o 10 de outubro de 1943 como parte do "Convoy 60", un grupo de 1000 prisioneiros transportados dende o campo de internamento de Dancy en Francia. Foi detido en Berlí por ser xudeo e viaxar con maletas adornadas por estrellas de David.
Durante a súa estancia en Auschwitz foi forzado a participar nun combate de boxeo como espectáculo para os alemáns. En 1945 ante a proximidade das forzas soviéticas, os nazis dicidiron evacuar o campo de concentración de Auschwitz, dando lugar a unha nova pesadilla. Estímase que cerca da metade dos deportados faleceron durante aquelas terribles marchas. Alí estaba Victor, sábese que foi disparado con unha ametralladora ainda que se descoñece o motivo. Tal vez, disparado porque estaba tan débil que o soldado de turno decidía que xa non valía a pena continuar a marcha con el, e eliminabao.