Erich Kurt Müsham naceu o 6 de abril de 1878 en Priamújino, Berlín (Alemaña).
Foi un recoñecido escritor, periodista, poeta e dramaturgo durante a república de Weimar. Nos seus libros, condenaba o nazismo, e satirizaba a figura de Adolf Hitler, antes de que este chegara ao poder. Tamén é destacable que fundou en 1911, un periódico chamado Kaín. Diario para a humanidade. Algunhas das súas obras publicadas serían Die Eigen (1903) ou Der Krater (1909). Tamén resaltar que pertencía aos anarquistas.
Resaltar que antes de ser detido polos Nazis, xa fora condenado a 15 anos de prisión en 1919, por participar na revolución alemá de 1919.
Erich Müsham faleceu o 10 de xullo de 1934 no campo de concentración de Oraniemburg, Brandeburgo, en Alemaña, á idade de 56 anos.
Erich Müsham foi detido en 1933, tras o incendio de Reichstag, e xa no campo de concentración, foi brutalmente torturado (recibindo múltiples golpes) e finalmente asasinado por membros da SS. As causas da detención foron, a parte da súa orixe xudía, pola súa ideoloxía e por haber criticado ao nazismo.
ÁLVARO IGLESIAS CALVO