DEHRADUN (INDIA) 05/11/1952
Vandana Shiva é física, filósofa e activista ecoloxista. Estudou física cuántica en Canadá e orientou a súa carreira cara á defensa da biodiversidade, a soberanía alimentaria e os dereitos dos campesiños. Fundou unha organización( navdanya en 1991) centrada na conservación das sementes autóctonas e na agricultura ecolóxica. As súas principais achegas ao feminismo foron: a crítica ao modelo económico neoliberal dende unha perspectiva ecofeminista, denunciando como a explotación da natureza e das mulleres están interconectadas.
Tamén publicou libros como Quén alimenta realmente ao mundo ou As guerras da auga. Shiva recibiu numerosos premios internacionais polo seu activismo, entre eles o Right Livelihood Award.
Durante as décadas de 1980 e 1990, a india estaba nun proceso de transformación económica e social. O país comezaba estaba achegandose ao mercado global, isto trouxo importantes cambios na agricultura e na vida rural. Esta liberalización económica truxo varios problemas a moitos campesiños e, sobre todo, a mulleres campesiñas, que se viron afectadas por un aumento da pobreza e perda do control sobre os recursos naturais( terra, sementes...). Moitas mulleres traballaban sen recoñecemento nin dereitos laborais. Ademais, a discriminación de xénero estaba moi presente, ( alto analfabetismo feminino, matrimonio infantil, violencia de xénero…) Vandana Sshiva loitou polo empoderamento femenino a través da defensa da biodiversidade, o coñecemento tradicional e a soberanía alimentaria, destacando o papel fundamental das mulleres na protección da natureza e na agricultura sostible.
S.V.R