CIUDAD DE MÉXICO (MÉXICO)-30/12/1948
Marcela Lagarde é unha política, académica, antropóloga e investigadora mexicana, especializada na etnología e representante do feminismo latinoamericano. O feminismo, según Lagarde, constitúe unha afirmación intelectual, teórico e xurídica de concepcións do mundo. É a creadora da categoría antropóloxica e xurídica do feminicidio.
Asociada Fundadora da Rede de Investigadoras pola Vida e a Liberdade das mulleres.
Realizou diversas publicacións, levando a cabo temas como o cativerio, coidado, sexualidade, amor, poder, traballo, violencia, etc.
Os anos máis fundamentais foron transcurridos durante os "80-2000", cando México vivía momentos complicados. O PRI(Partido Revolucionario Institucional) mantivo o control do país durante anos, polo tanto á xustiza e os dereitos humanos foron limitados. Tamén houbo unha gran desigualdade social, corrupción, impunidade e violencia. As mulleres eran especialmente vulnerables ante este sistema.
Nesta época predominaban os roles tradicionais: A muller debía ser nai, esposa e obediente. Había moitas limitacións para que a muller se desenvolvera profesional e socialmente.
A violencia doméstica e os feminicidios non se recoñecían oficialmente como problemas sociais graves. Non existía leis claras para protexer ás mulleres
Ante isto, a tráves dos seus estudos sobre o poder, a autonomía, a sororidade e a violencia, Lagarde comezou a explicar cómo o sistema patriarcal controlaba a vida das mulleres.
Introduciu o concepto de feminicidio no discurso político mexicano, retomando a Diana Russell, pero adaptándoo á realidade do pais. Isto foi clave nos anos 90 e 2000, cando comezaron a denunciarse os crimes na Cidade Júarez.
Promoveu as leis para protexer ás mulleres, incluíndo na lei "Xeneral de Acceso das Mulleres nunha Vida Libre de Violencia (2007)", influenciada directamente polo seu traballo.
Alberth Altuve Parra