DATA E LUGAR DE NACEMENTO
Ámsterdam, 6 de xuño de 1868.
Foi un pintor, debuxante, fotógrafo e artista textil nacido nunha familia xudía. Aínda que era membro dunha unida comunidade sefardí, unha minoría de xudeus holandeses, non era practicante. O seu pai, un profesor de hebreo e alemán de secundaria, morreu cando Sam tiña cinco anos. Aos catorce anos, postulou á Academia Nacional de Belas Artes para seguir os seus intereses artísticos, aínda que foi rexeitado. Frustrado, empezou a traballar como aprendiz cun arquitecto da cidade. Traballou para el durante dous anos antes de matricularse nunha escola técnica co obxectivo de converterse en arquitecto. Con todo, pronto se dedicou á educación e en 1889 recibiu o título de mestre, o que lle permitiu manter á súa familia.
DATA E LUGAR DE FALECEMENTO
Auschwitz, 11 de febreiro de 1944
No inverno de 1944, o 1 de febreiro, as forzas de ocupación alemanas entraron na casa da familia de Mesquita en Watergraafsmeer e o detiveron a el, a súa muller Elisabeth e ao seu fillo Jaap; por ser xudeos. Deportados a Auschwitz, Samuel e Elisabeth foron enviados ás cámaras de gas aos poucos días da súa chegada, o 11 de febreiro.
LUCÍA VÁZQUEZ CARNOTA