ROXANE GAY NACEU EN OMAHA NEBRASKA (EE.UU) O 15/10/1974
É unha polifacética activista feminista que se move en moitos ámbitos, escritora, profesora, editora e comentarista social.
A súa vida está marcada por un evento traumático. Con 12 anos sofre unha violación grupal que a marca de por vida. Ao longo dos anos trata de non darlle importancia a ese acontecemento, sen embargo, decide contalo 25 anos máis tarde. Según ela "Pasas toda a vida querendo pensar que non é para tanto. Resulta que si o é: pode selo a nivel físico e psicolóxico".
Gay comeza a súa carreira docente no ano 2010 na Universidade de Eastern Illinois. Publica, entre outros traballos, a colección de relatos curtos "Aviti" no ano 2011, pero é coñecida mundialmente pola recopilación de ensaios "Mala Feminista" (2014).
Unha reseña da revista Time destaca o seguinte: "A escritura de Roxane Gay é sinxela e directa, pero nunca fría nin estéril. Enfréntase directamente a cuestións complexas de identidade e privilexio, pero sempre resulta accesíbel e perspicaz".
Gran parte do seu traballo aborda a análise de cuestións feministas e raciais que experimentou nas súas carnes, así como a cuestión da identidade de xénero e a sexualidade.
O feminismo negro xurdiu nas comunidades de escravos, nutrido de mulleres escravizadas ou que foran escravizadas en fogares ou campos de traballo, sometidas física e moralmente e sen acceso a ningún tipo de educación. Sen embargo, dende o principio as feministas negras mostraronse fortes á hora de establecer alianzas, por exemplo, con homes da súa propia raza na loita pola abolición da escravitude.
As correntes feministas, así como outros movementos (exemplo: blacklifesmatter), teñen gran repercusión no país ainda que a discriminación racial sigue sendo un rasgo evidente no panorama social de EE.UU.
MRG