Rigoberta Menchú – 09/01/1959
Rigoberta Menchú é unha líder indíxena maia quiché e defensora dos dereitos humanos. Naceu nunha familia campesiña e dende nova loitou polos dereitos do seu pobo e das mulleres indíxenas. Destacou pola súa loita contra a discriminación, a pobreza e a violencia durante a guerra civil de Guatemala. En 1992 recibiu o premio novel da paz polo seu traballo a prol da xustiza social e a reconciliación étnica. Unha das súas obras máis coñecidas é "me llamo rigoberta menchú" y "así me nació la conciencia", onde conta a súa vida e a historia do seu pobo. Tamén traballou en organizacións internacionais e fundou a fundación rigoberta menchú tum para continuar co seu labor humanitario. É un exemplo importante dentro do feminismo indíxena e na defensa dos dereitos das mulleres en América latina.