SAN FRANCISCO (ESTADOS UNIDOS), 12/11/1962
Naceu nunha familia xudía. A súa nai é antropóloga e autora de The lesbian community (Deborah Goleman) e o seu pai é autor de novelas góticas de terror.
Estudou literatura inglesa na Universidade de Yale e traballou na Universidade de Oxford. Escribiu unha obra feminista: The Beauty Myth, no que o concepto de beleza está construído totalmente pola sociedade e que o patriarcado é o que determina o contido desa construcción. Critica á moda e ás industrias de beleza como métodos de explotación á muller pero afirma que o mito da beleza tamén se extende a outras áreas. Determina que as mulleres son atacadas polo mito de beleza en cinco áreas distintas: traballo, relixión, sexo, violencia e fame.
Tamén publicou outra que fala do fascismo: The End of America.
Foi arrestada en 2011 durante as protestas de Ocupa Wall Street, foi retida en custodia durante unha hora.
Cando publicou o seu libro feminista The Beauty Myth, Estados Unidos estaba tendo a súa terceira onda feminista, da que ela foi considerada representante. Houbo un aumento de mulleres na forza política, laboral e cultural. Nesa época, Estados Unidos era a superpotencia mundial ao derrotar á Unión Soviética na Guerra Fría. Había un goberno de demócratas ata que no 1994, gañaron as eleccións os republicanos despois de 40 anos.
LB.S