LUGAR DE NACEMENTO (PAQUISTÁN) 12/07/97
Malala Yousafzai é unha activista paquistaní recoñecida pola súa loita polo dereito das mulleres á educación. Graduouse en Filosofía, Política e Economía na universidade de Oxford en 2020.
Comeza dende moi nova, denunciando a opresión por parte dos talibáns por motivo da prohibición á educación feminina, no val de Swat, Paquistán. Despois de sobrevivir a un atentado por esta causa, funda dende o Reino Unido o Malala Found; unha organización que promove a educación das nenas en países en conflito.
Malala é autora de obras como I Am Malala (2013), a súa atobiografía, ou We Are Displaced (2019) onde recolleu historias de rapazas refuxiadas. Foi a persoa máis nova en gañar o Premio Nobel da Paz (2014), ademáis de conseguir outros premios importantes como o Premio Sájarov á Liberdade de Conciencia.
Paquistán vivía unha etapa de gran inestabilidade política e social naqueles anos, que se veu especialmente na zona do val de Swat, marcado por feitos como a represión da muller no campo da educación. Entre 2007 e 2009, impuxeron a súa lei con violencia, destruíndo escolas e perseguindo a quen se opuxese. O Goberno non era capaz de parar o avance do extremismo, o que fixo que o pobo tivera un gran sentimento de inseguridade. Foi así como Malala alzou a súa voz a favor da educación e dereitos da muller.