Lámina N.º 30
Medidas:
20,50 cm Altura [Soporte]/20,30 cm Anchura [Soporte]
39,50 cm Altura [Soporte secundario]/ 32,50 cm Anchura [Soporte secundario]
50,00 cm Altura [Marco]/ 40,00 cm Anchura [Marco]/ 3,00 cm Profundidad [Marco]
Materiais
Tinta [Debuxo] / Aguada [Debuxo]
Lápiz [Texto sobre soporte secundario]/ Cartulina [Soporte secundario]
Lápiz\Lápiz color [Azul]
Papel [Soporte]
Madera [Marco]/ Vidrio [Marco]
Principalmente encóntrase nunha habitación que presenta un ambiente escuro e frío. O primeiro que chama a atención neste debuxo é un home de mediana idade con pelo curto e escuro, cellas finas, ollos apertos e con mirada perdida, e barba. Atópase deitado ladeado nunha cama na que, ademais da cabeza, véselle parte da man e que poderíase dicir que está nun estado moribundo polas fauces que este presenta, que ademais nos achegan que ademais non tivo unha boa alimentación.
A súa veira atópase unha muller maior, cun vestido tradicional de mangas longas e claras e un pano na súa cabeza. Igual que o home, presenta engurras na fronte, aínda que moito máis notorias; cellas finas e escuras e ollos pequenos que transmiten tristeza aínda que non mira directamente cara ó home. A súa esquerda atópase un traxe que podería ser do home. Consta dun pantalón longo e escuro, un abrigo negro de mangas longas e un sombreiro claro, cunha cinta que colga del. Poderíase dicir así que trátase dunha familia labrega que non vive en moi boas condicións. A dereita da muller hai colgada unha cruz cristiá, e ao lado desta unha fiestra na que vemos botellas e frascos, algúns deles xa medio rematados, que teñen diferentes líquidos.
Ao meu parecer, con este debuxo intenta describir de forma visual como era a vida dos labregos naquela etapa e como era a morte destes. Por outra banda,tendo en conta o título, pódese interpretar que trátase dun home emigrante e pobre que encóntrase gravemente enfermo. Antes de morrer recordou a súa terra natal, polo que igual, a muller trátase dunha visión da súa nai que o acompaña os seus últimos momentos de vida. Na miña opinión esta mensaxe axúdanos a comprender mellor como era ter que emigrar e a pena de morrer nun lugar que non é a terra natal lexos da familia e en malas condicións .
LS.O