Foi unha destacada activista socialista e feminista alemá. Loitou polos dereitos das mulleres e pola xustiza social, sendo pioneira na defensa da igualdade dentro do movemento obreiro. En 1910, propuxo a creación do Día Internacional da Muller, celebrado o 8 de marzo. Foi membro do Partido Comunista Alemán e deputada no parlamento. Exiliouse na Unión Soviética tras a chegada de Hitler ao poder, onde faleceu en 1933. É lembrada como símbolo da loita pola emancipación feminina e o socialismo.
Alemaña aínda non estaba unificada e era unha sociedade conservadora e patriarcal. As mulleres non tiñan dereitos políticos e tampouco acceso á educación superior. Estaban limitadas unicamente ao fogar e á familia, e as obreiras sufrían explotación laboral. A lei daba autoridade total ao marido sobre a muller. Neste contexto de desigualdade, Zetkin inicia a súa loita pola xustiza social e a igualdade de xénero.
Carla Sánchez Portos