LUGAR DE NACEMENTO (Madrid)
DATA DE NACEMENTO (12/02/1888)
Clara Campoamor Rodríguez foi unha das principais defensoras do feminismo en España. Naceu en Madrid en 1888 e morreu no exilio en Suíza en 1972. A pesar de ter que traballar desde nova, conseguiu licenciarse en Dereito e converteuse nunha das primeiras avogadas do país. Tamén traballou como funcionaria, xornalista e escritora.
Como deputada en 1931, loitou polo sufraxio feminino, conseguindo que as mulleres puidesen votar por primeira vez en 1933. Enfrentouse a outras figuras da época que querían atrasar ese dereito.
Entre as súas obras destacan "El voto femenino y yo: mi pecado mortal". Tivo que exiliarse despois da Guerra Civil, pero hoxe é lembrada como unha das grandes loitadoras pola igualdade e os dereitos das mulleres.
Entre 1931 e 1933, Clara Campoamor viviu a etapa máis significativa da súa vida política. España atravesaba un período de grandes cambios coa chegada da Segunda República, que trouxo esperanzas de modernización, pero tamén fortes divisións políticas e sociais. Neste contexto, Campoamor foi elixida deputada, nun momento no que as mulleres podían ser elixidas pero non votar.
Desde o Parlamento, defendeu con firmeza o sufraxio feminino, nun país profundamente machista. O seu discurso foi clave para que o 1 de outubro de 1931 se aprobara o voto para as mulleres. Esta loita enfrontouna mesmo con outras deputadas, como Victoria Kent, que crían que as mulleres votarían influenciadas pola Igrexa.
Aínda que logrou un avance histórico para os dereitos das mulleres, a súa postura custoulle apoio político e non foi reelixida en 1933. A pesar diso, o seu legado marcou un antes e un despois na historia dos dereitos femininos en España.