Medidas:
20,30 cm Altura [Soporte]
20,50 cm Anchura [Soporte]
39,50 cm Altura [Soporte secundario]
32,50 cm Anchura [Soporte secundario]
50,00 cm Altura [Marco]
40,00 cm Anchura [Marco]
3,00 cm Profundidad [Marco]
Número de lámina: 43
Materiais: Tinta [Dibujo]
Lápiz [Texto sobre soporte secundario]
Na imaxe vemos un debuxo simple, pero moi expresivo; un home triste, sentado baixo unha árbore, coa cabeza entre as mans. Semella un campesiño, con roupa sinxela, e o seu corpo transmite cansazo ou desesperación. A árbore que o acompaña ten as pólas caídas, o que reforza esa sensación de tristura. Todo está debuxado con liñas finas e cores apagadas, como marróns, que tamén axudan a crear ese ambiente melancólico.
A obra fala da inxustiza social. O "cacique" era unha figura poderosa nas aldeas, que mandaba sobre todo o mundo, aínda que non sempre fora xusto. Aquí, ese cacique deixou ao personaxe sen traballo nin axuda, obrigándoo a mendigar. Este home chora non só pola necesidade, senón tamén pola vergoña e pola dor na súa dignidade. Non quere pedir esmola, pero non ten outra opción. Para un campesiño orgulloso, que vive do traballo das súas mans, iso é algo moi duro.
A obra quere facernos pensar en como algunhas persoas poderosas abusan dos que non teñen nada, e como iso pode romper a dignidade de quen só quere vivir do seu traballo. Esta imaxe é moi triste, pero tamén moi potente. Amósanos que non todos teñen as mesmas oportunidades, e que moitas veces a xente que máis traballa é a que peor o pasa. Tamén fala de como o poder pode facer dano a persoas inocentes.
Creo que esta obra nos axuda a reflexionar sobre a empatía: poñerse no lugar dos demais, especialmente dos que máis sofren. É importante non esquecer que todos merecen respecto, un traballo digno e unha vida sen humillacións.
ARTURO LAMELA VIVAS