Enugu (Nixeria), 15/09/1977
Ecritora e feminista nixeriana, considerada unha das voces máis influentes da literatura africana contemporánea e do feminismo global. Medrou na cidade universitaria de Nsukka. Estudou Comunicación e Ciencias Políticas na Universidade de Drexel e, despois, en Eastern Connecticut State University, nos Estados Unidos. Tamén obtivo un máster en Escritura Creativa pola Universidade Johns Hopkins e outro en Estudos Africanos por Yale. Entre as súas obras máis destacadas atópanse:
Purple Hibiscus (Flor púrpura, 2003): a súa primeira novela, que recibiu gran recoñecemento internacional.
Half of a Yellow Sun (Medio sol amarelo, 2006): sobre a guerra de Biafra, gañadora do Orange Prize.
Americanah (2013): crítica social sobre raza, inmigración e identidade, considerada unha das súas obras mestras.
No ámbito feminista, acadou unha grande repercusión co seu ensaio We Should All Be Feminists (Tod@s deberiamos ser feministas, 2014), baseado nunha charla TED do mesmo nome, e Dear Ijeawele, or A Feminist Manifesto in Fifteen Suggestions (Querida Ijeawele, 2017), onde ofrece consellos para educar ás crianzas na igualdade.
A súa obra mestura temas como a identidade cultural, o poscolonialismo, o racismo e a situación da muller, tanto en África como no resto do mundo. Tamén é coñecida por criticar as visións únicas e simplificadas sobre África, como expresou na súa popular charla TED The Danger of a Single Story.
Ademais de escritora, é unha importante activista e oradora pública, con gran influencia especialmente entre as novas xeracións.
Durante os anos nos que Chimamanda Ngozi Adichie comezou a destacar como escritora e activista, é dicir, a finais dos 90 e a primeira década do século XXI, Nixeria estaba a vivir importantes transformacións políticas e sociais. Saíra dunha longa etapa de ditaduras militares. En 1999, recuperouse a democracia coa elección de Olusegun Obasanjo como presidente e iniciouse así unha nova era política. A pesar diso, o país seguiu loitando contra problemas como a corrupción, a violencia política, os conflitos relixiosos e étnicos, e a presenza de grupos armados como Boko Haram, que emerxeu a partir de 2002 e se fixo especialmente violento a partir de 2009. A desigualdade económica, o acceso limitado á educación e os servizos básicos tamén afectaban moito á poboación, especialmente nas zonas rurais.
As mulleres nixerianas sufrían unha forte discriminación a nivel legal e social. A súa posición variaba segundo a rexión (o norte musulmán máis conservador e o sur cristián algo máis liberal), pero en xeral, non estaban representadas na política, tiñan un acceso desigual á educación, e moitas veces eran sometidas a matrimonios infantís e outros casos de violencia de xénero.
En moitas comunidades, especialmente nas máis tradicionais, esperaba que as mulleres cumprisen roles pasivos: como esposas, nais e coidadoras, sen voz propia na vida pública.
O feminismo era visto con desconfianza por moita xente, considerado unha "importación occidental", polo que figuras como Chimamanda foron rompedoras ao promover un feminismo africano enraizado na realidade do continente.
Foi neste contexto no que comezou a dar visibilidade ás mulleres africanas, cuestionando os estereotipos e defendendo o dereito das mulleres a ser libres, educadas e independentes. A súa voz, tanto na literatura como nas súas conferencias e ensaios feministas, foi sumamente necesario para iniciar conversas sobre igualdade de xénero nun contexto onde ese debate era complexo e aínda o segue sendo.
Aya El Mrabet Attou