PEORIA, ILLINOIS (ESTADOS UNIDOS), 04/02/1921
Foi psicóloga, teórica, escritora e unha líder feminista, de orixe xudía. Graduouse en psicoloxía en Smith College e publicou La mística de la feminidad (1963), unha obra clave para o feminismo e recompensada co premio Pulitzer. Foi presidenta e cofundadora da "Organización Nacional de Mujeres", organizou colectivos e grupos feministas e plantexou diversas loitas para a aprobación do aborto e sobre os dereitos da muller en xeral. Tamén publicou La segunda fase (1981), La fuente de la edad (1993)... Ademais, colaborou no New York Times, The New Yorker...
Na época de Friedan Estados Unidos experimentaba o fin da Segunda Guerra Mundial, a Guerra Fría e a morte de Stalin pero, sobre todo, na década dos 60 houbo un cambio social significativo no país. Produxéronse avances no campo dos dereitos civiles, pero aínda quedaba moito por facer en canto á igualdade de xénero. A figura da muller baseábase en ser ama de casa e estaban limitadas de oportunidades profesionais, limitando así o seu potencial e provocando a súa insatisfacción.
Noa Barreiro