A TOLA DO MONTE
A TOLA DO MONTE
Número de lámina: 35º.
Medidas: 20,20cm altura e 20,30cm anchura.
Materias: tinta, aguada, lápis, papel, cartulina, madeira e vidro
O debuxo presenta unha campesiña sentada no chan, co rostro doente, un brazo erguido co puño pechado. A súa expresión transmite desesperación.
Castelao denuncia o sufrimento do pobo galego durante a Guerra Civil. A muller representa protesta e a resistencia silenciosa das vítimas.
Baixo o meu punto de vista, é unha imaxe poderosa e emotiva. Con trazos sinxelos, transmite dor e denuncia a inxustiza, convertendo a arte nun acto de memoria e resistencia.