Número de lámina: nº 5
Medidas: 24 x 31 cm
Materiais: tinta china ou lapis de grafito sobre papel para debuxo
A lámina "A cega que canta para manter os fillos" mostra unha muller cega que canta para manter aos seus fillos pequenos. Todos aparecen tristes e famentos, nunha escena simple pero chea de dor. Esta imaxe intenta denunciar a pobreza, a inxustiza social e o abandono das mulleres galegas durante a guerra. A cegueira simboliza tamén a indiferenza da sociedade. A muller representa a dignidade e forza do pobo, que resiste a pesar de todo.
É unha imaxe moi emotiva, que nos fai reflexionar sobre a dor dos inocentes e o valor das nais loitadoras. Demóstranos que por moitos problemas que nos poña a sociedade somos mais fortes do que pensamos, e que pase o que pase as mulleres quedamos en pe dando a nosa vida polos nosos fillos.
XIANA PUENTE FANDIÑO